Datos persoais

- Menéndez
- Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.
29/11/17
25/11/17
Obradoiro de ilustración con Sabela Díaz
Sabela Díaz foi quen conduciu este obradoiro dirixido ao alumnado de 4ºA e B durante catro xeiras formativas. Ao tempo que foi introducindo algúns elementos básicos do cómic ( viñeta, globos,liñas, expresións, planos...) foron creando unha historieta de temática medio ambiental. Toda unha gozada!
Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller co CEIP Casás
Un grupo de nenas e nenos de 4º de Primaria do CEIP Casás acompañados de Anxo, o seu titor, trouxo ao escenario do centro "Historias verdadeiras", unha recreación de escenas machistas a modo de pinceladas reais. Moitas grazas.
Violencia de xénero
Violencia de xénero

11/11/17
Obradoiro de ilustración con Estefanía Padullés
O alumnado de 5º e 6º desfrutou dunha xornada formativa con Estefanía Padullés, bióloga, escritora e ilustradora de contos. Este obradoiro de ilustración e aplicación no mundo editorial permitiunos coñecer o proceso de elaboración dos libros. Para rematar deleitounos coa elaboración de debuxos, demostrando a súa mestría nesta arte.

8/11/17
#miúdoparladoiro15
Arrancamos este espazo de oralidade co recitado de dous poemas de Manuel María, "O carro" e " O meu barco" a cargo dun grupo de nenos de 5anosB.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)