![]() | |
Papá Noel e o Apalpador |
Datos persoais

- Menéndez
- Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.
21/12/17
20/12/17
18/12/17
12/12/17
#miúdoparladoiro16
Nenas e nenos de 5anosB recitan estas dúas poesías de Manuel María. Non as perdades!!
Xosé Abad "Oficios entre lusco e fusco"
Os nenos e nenas de 5 anos de Educación Infantil vimos a exposición de Xosé Abad "Oficios entre lusco e fusco" sobre oficios tradicionais galegos.
1/12/17
29/11/17
SAMAÍN E OUTONO
Os nenos e nenas de Educación Infantil celebramos o Samaín e adornamos as portas con cousas de outono.
25/11/17
Obradoiro de ilustración con Sabela Díaz
Sabela Díaz foi quen conduciu este obradoiro dirixido ao alumnado de 4ºA e B durante catro xeiras formativas. Ao tempo que foi introducindo algúns elementos básicos do cómic ( viñeta, globos,liñas, expresións, planos...) foron creando unha historieta de temática medio ambiental. Toda unha gozada!
Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller co CEIP Casás
Un grupo de nenas e nenos de 4º de Primaria do CEIP Casás acompañados de Anxo, o seu titor, trouxo ao escenario do centro "Historias verdadeiras", unha recreación de escenas machistas a modo de pinceladas reais. Moitas grazas.
Violencia de xénero
Violencia de xénero

11/11/17
Obradoiro de ilustración con Estefanía Padullés
O alumnado de 5º e 6º desfrutou dunha xornada formativa con Estefanía Padullés, bióloga, escritora e ilustradora de contos. Este obradoiro de ilustración e aplicación no mundo editorial permitiunos coñecer o proceso de elaboración dos libros. Para rematar deleitounos coa elaboración de debuxos, demostrando a súa mestría nesta arte.

8/11/17
#miúdoparladoiro15
Arrancamos este espazo de oralidade co recitado de dous poemas de Manuel María, "O carro" e " O meu barco" a cargo dun grupo de nenos de 5anosB.
31/10/17
O San Froilán
O pasado 11 de outubro veu ao centro Xulio Xiz para falarnos de San Froilán e das festas. Contounos moreas de cousas que nos agradaron moito. Un gran pracer escoitarte!Moitas grazas.
Os nenos e nenas de Educación Infantil celebramos o San Froilán. Que divertido!!
Os nenos e nenas de Educación Infantil celebramos o San Froilán. Que divertido!!
9/9/17
BENVIDA 2017/2018
Imos cara o cole, imos amodiño, imos de camiño... con ilusión, ledicia e esta canción de Magín Blanco. Benvidas e benvidos!
28/6/17
26/6/17
XOGOS POPULARES 2017
Co pano, o brilé, a corda, as chapas, os birlos, as sete e media...despedimos o curso 2016/17.
Tivo lugar a entrega de diplomas ás gañadoras e gañadores do certame de debuxo e poesía Letras Galegas 2017.
BOAS VACACIÓNS PARA TODAS E TODOS.
Tivo lugar a entrega de diplomas ás gañadoras e gañadores do certame de debuxo e poesía Letras Galegas 2017.
BOAS VACACIÓNS PARA TODAS E TODOS.
25/6/17
LETRAS GALEGAS 2017: teatro
A outra historia de Carapuchiña Vermella
O alumnado de 5ºB deleitounos con esta curiosa e entretida obra. Ademais, contamos con público de excepción, o alumnado e profesorado do CEIP Casás. Moitas grazas!!!
23/6/17
Bulebule flash: "Impresionamos, pasiño a pasiño"
Dándolle vida á nosa galería de arte. Agardamos que a desfrutedes!
22/6/17
OS PITIÑOS
Os nenos e nenas de 5 anos traballamos o proxecto "Os pitiños". Na clase tivemos unha incubadora que nos trouxo Diego, un veterinario da Asociación da Galiña de Mos, pai de Uxía e Mencía.
17/6/17
10/6/17
7/6/17
19/5/17
17/5/17
LETRAS GALEGAS 2017: VISITA DE TOÑO NÚÑEZ
Co gallo da celebración das Letras Galegas, recibimos no CEIP Menéndez Pelayo a Toño Núñez, escritor e mestre que nos falou do seu conto O monstro dos Ancares e que nos fixo un agasallo, "Pareados a puñados".
Moitas grazas.
TOÑO NÚÑEZ NA SÚA VISITA AOS GRUPOS A
....E AOS GRUPOS B
3/4/17
Rosalía sempre viva
O colexio participou na III edición do concurso escolar de recitado poético “ Rosalía sempre viva” convocado pola Casa-Museo Manuel María. A fase final tivo lugar o pasado sábado 18 de marzo, en Outeiro de Rei.
Foi unha xornada moi gratificante na que os nosos participantes, un grupo de 24 nenas e nenos de 1º A e 1º B co poema “ A natureza” de Manuel María, Area López de 3ºA con “Teatro de guiñol “ de Manuel María, Rosalía Bernárdez de 5ºA con “ Unha vez tiven un cravo” de Rosalía de Castro e Lucía Ónega con “ A fala” de Manuel María nos deleitaron e emocionaron coa sensibilidade e sentimento amosados nas súas execucións.
E, unha vez máis, estamos de en hora boa, o grupo de 1º recibiu unha mención honorífica e Rosalía o premio na categoría 2.
Ánimo e a seguir nesta festa da poesía!
#miúdoparladoiro13
UNHA TARDE NO
TEATRO
( Adaptación da obra “DEGAS:
UNHA TARDE NO TEATRO” de Mª Jesús de la Rosa Ferrer)
No théâtre de l'Opéra Garnier vai chegando o público. Algúns están no despacho
de billetes collendo as entradas. Aparecen xornalistas e o fotógrafo. Parece que agardan por alguén. Pouco a pouco van chegando, tamén, os
artistas.
PERSONAXES ( alumnado de 4anosA, 5ºA e
6ºA)
Alejandro Arias e Sergio Icardo: fotógrafos
Natalia Campo, Naiara Ferrero,
Ximena Gandoy, Jennifer Adaugo, Matilda Pérez, Alicia Rábade, Sara Rodríguez,
Sara Sebastián, Alba Valle: bailarinas
Ainoa Muinelo: xornalista e bailarina
Naia Freijo: camareira e bailarina
Hugo Lázare: bailarín
Adrián Rodríguez: xornalista
Denís Carreira, Xoel López e Álex Spagnuolo : espectadores
Hugo Marcos e Hugo Martínez : turistas
Adrián Otero: vendedor de entradas
Raúl López : Auguste Renoir
Aidan Sánchez: Claude Debussy
Xoel Méndez : M. Ravel
Miguel Reigosa: Toulouse- Lautrec
Juan Antonio Nadal: Edgar Degas
Hugo Pérez: Claude Monet
Florentino Gabarri : Eduard Manet
Ioana Amalia Costea: Marie Cassatt
Cerasela Comanescu: Berthe Morisot
21/3/17
10/3/17
9/3/17
8/3/17
6/3/17
26/2/17
#mobilizaRosalía2017
O colexio vestiuse hoxe de poesía para celebrar o Día de Rosalía. Día fixado como aniversario do seu nacemento, todo un acontecemento!!!
- 6ºA Lucía " A fala".
- 6ºB Adrián "A fala" e Diana "Heiche de dar".
- 5ºA Victoria "Coa pena ao lombo", Rosalía "Unha vez tiven un cravo..." Marta "Adiós ríos, adiós fontes" e Laura "Negra Sombra".
- 4ºA Ainara "O río", Samuel "O escudo", Laura "O meu barco" e Uxía "A estrela sen nome".
- 3ºA Brais "O sol", Area "O meu cuarto", Mara "O meu barco", Daniela "O cuco", Naira "O carro" e Carla "O caracol".
- 3ºB Laura "A bolboreta" e Irea "O cuco".
22/2/17
#miúdoparladoiro11
Con este #miúdoparladoiro11, as nenas e os nenos de primeiro b rematan as súas exposicións orais sobre os seus animais favoritos. Con todos vós, Lúa Soengas.
21/2/17
#miúdoparladoiro10
Silva e Toxa, dúas simpáticas ovellas das que Tomé Otero, de 1° B, nos fala neste novo #miúdoparladoiro.
http://primeirobmenendezpelayo.blogspot.com.es/2017/02/silva-e-toxa.html
http://primeirobmenendezpelayo.blogspot.com.es/2017/02/silva-e-toxa.html
18/2/17
FAMILIAS CONTADORAS ...VAI DE CINE!
Hoxe visítanos no noso colexio Antonio Pereira Saqués, director de arte de películas, series de TV e spots publicitarios. É tamén deseñador de decorados e escenografías. Polo seu traballo recibiu varios premios, entre eles o Premio Mestre Mateo 2016 á mellor Dirección de Arte.
17/2/17
#miúdoparlado9
AS ABELLAS
Tiago e a súa nai María faláronnos sobre estes insectos.
Ademais trouxéronnos abellas e o xogo da abella na flor.
Ademais trouxéronnos abellas e o xogo da abella na flor.
16/2/17
9/2/17
#miúdoparladoiro7
Continuamos coas exposicións orais sobre os nosos animais preferidos. Aquí tedes as de Raúl e Antón.
https://primeirobmenendezpelayo.blogspot.com.es/2017/02/miudoparladoiro7.html?showComment=1486650849768&m=1#c3472231947580278016
3/2/17
FAMILIAS CONTADORAS: RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS
As nenas e nenos de 1º, 2º, 3º e 4º desfrutamos moito coa charla de Diego Rois Losada. Falounos das vacas, das ovellas, das cabras, da galiña de Mos, do porco celta, do cabalo, dos cans. Ademais Samuel Ferro de 4ºA contounos cousas das súas galiñas de Mos e ata nos trouxo uns ovos.
Agora tamén temos un almanaque da selección galega de razas autóctonas!
31/1/17
#miúdoparladoiro6
As nenas e os nenos de primeiro B están a falar nas súas asembleas sobre os seus animais favoritos.
Aquí tedes a exposición de Gisela Corujo. Abofé que este non ha ser o último #miúdoparladoiro.
Aquí tedes a exposición de Gisela Corujo. Abofé que este non ha ser o último #miúdoparladoiro.
30/1/17
DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA: A botica das emocións
Co
fin de traballar a educación emocional dentro da escola, creamos a
botica das emocións. Nenas e nenos poderán acudir a ela cando o precisen para resolver
algún conflito, identificar algunha sensación que teñan...
No
Departamento de Orientación axudaráselles a expresalas, identificalas e xestionalas de forma saudable.
Os estados emocionais traballados son: aburrimento, alegría, amor, noxo, culpa, enfado, envexa, gratitude, ira, medo, rabia, soidade, tristeza, vergonza.
2/1/17
FAMILIAS CONTADORAS: CONTO DE NADAL
Begoña, Nuria, María, Paula e Carmen, mamás de 5 anos A, deleitáronnos cun conto de Nadal.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)